lunes, 22 de enero de 2018

"CONSTRUÍNDO A LINGUAXE"

ADIVIÑA, ADIVIÑANZA...! Todos os venres na porta de entrada da nosa biblioteca terás unha adiviña. Anota o número da adiviña e escribe a solución. Terás unha semana para entregar a resposta e na semana seguinte recolleremos a solución da seguinte adiviña. Haberá sorpresas...!!!

E prepárate,...porque se no trimestre pasado tivemos un concurso de deletreo de palabras, neste contaremos co de "palabras encadeadas". Sabes separar en sílabas unha palabra? Pois axiliza a túa mente e inxenio para empezar unha palabra pola sílaba que remata a palabra anterior

jueves, 7 de diciembre de 2017

"UNHA SOPA DE LETRAS"


"UNHA SOPA DE LETRAS"
ESTE ANO COMEZAMOS CUNHA ANDAINA DE CONCURSOS NO QUE TRABALLAREMOS AS LETRAS DO NOSO ALFABETO.
NESTE TRIMESTRE COMEZAREMOS CO CONCURSO "DELETREO DE PALABRAS", ONDE O SABICHÓN FARÁ UNHA PROPOSTA DE DISTINTAS COLUMNAS DE PALABRAS CON DIVERSAS DIFICULTADES PARA QUE O ALUMNADO AS DESMENUCE E QUE PASEN POLA SÚA GORXA CON MAIOR FACILIDADE.😋
En terceiro imos avanzando co concurso de "Deletreo de palabras" agardando a que cada un consiga deletrear as distintas columnas de palabras con sílabas de características similares.

Cada alumno de cuarto, ao igual que os dos demais cursos, contou cun minuto para deletrear as palabras